domingo, 5 de noviembre de 2017

MAGOSTO-SAMAÍN


Como cada ano celebramos o Magosto  e o Samain no colexio, unha festa tan especial e tan propia da nosa terra nesta época do ano.

Para festexalo todos os nenos/as e mestres/as do colexio xuntámonos,  xa non só para degustar un manxar tan típico da nosa terra como son as castañas senón para aproveitar este momento para compartir e aprender xogos e cancións populares que foron organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración cos mestres/as de Educación Física e os titores/as.

Con respecto ao Samain celebrouse coa elaboración de cabazas, disfraces e dramatizacións.

Unha actividade moi lúdica que formaba parte das programacións didácticas.

Previo a degustar as castañas os alumnos/as tomaron na aula un pequeño tentempé consistente en chocolatinas e iogur bebible.


E para rematar o día os alumnos/as usuarios de comedor tamén tiveron menú especial de magosto.








No hay comentarios:

Publicar un comentario